FERROL360 | Xoves 6 novembro 2014 | 19:25
Ángel Gavín Porrás faleceu na tarde deste mércores aos 93 anos de idade. O que fora alcalde de San Sadurniño recibirá sepultura no cemiterio parroquial do municipio na tarde deste xoves.
Desde o Concello queren transmitirlle á familia o máis sentido pésame polo pasamento dun home que dedicou parte da súa vida ao servizo público e que, ademais, era moi coñecido no municipio.
Ángel Gavín era natural do concello lugués de Riotorto. Porén, a maior parte da vida pasouna en San Sadurniño, onde chegaría a ser alcalde entre os anos 1964 e 1971 e onde abriría un negocio hostaleiro que hoxe rexentan dous dos seus catro fillos.
Desvinculado da vida pública desde hai anos, era habitual velo en case todos os eventos culturais e sociais que se organizaban en San Sadurniño. Un dos últimos foi a inauguración oficial da nova Casa do Concello, onde ocupou o centro da fotografía oficial canda o resto dos cargos públicos que participaron no evento.
Pero para moitos veciños e veciñas -sobre todo para a xente máis nova- a imaxe de Xelo que quedará para o recordo será a do home que todos os días, chovese ou lostregase, paseaba de vagar pola beira do río e polos xardíns do Pazo, sempre disposto á conversa. Unha estampa que mesmo quedou plasmada nun óleo do pintor Manolo Carballeira exposto recentemente na galería do Concello.

Debate sobre el post