FERROL360 | Martes 6 maio 2014 | 17:20
As artistas Lucía Aldao e María Lado conforman un proxecto musical que porá a banda sonora á celebración das Letras Galegas en San Sadurniño. Con dez poemas por barba! é o título do seu espectáculo, moi cercano ao público, que combina a poesía e a música.
Xunto ao dúo AldaoLado, estará Xoán Curiel, quen se encargará de facer un repaso polo seu último traballo, titulado Magnético Zen. O disco foi elixido coma o mellor álbum en lingua galega na quinta edición dos premios da música independiente da UFI.
O cantante pop vén de xirar pola Arxentina e, antes de voltar a viaxar cara as Azores, ofrecerá concertos en varios puntos da xeografía galega.
O acto que conmemora o Día das Letras Galegas está programado para as seis da tarde do domingo, día 18 de maio, no Pazo da Marquesa. Este ano está adicado ao poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914), creador dunha extensa obra poética, entre a que destaca Nimbos, o seu máis relevante traballo.
Ao peche da xornada, a asociación ARTElladas de San Sadurniño entregará os premios da terceira edición do concurso literario en lingua galega, un evento para o que o prazo para presentar os traballos remata o vindeiro 13 de maio. Comprende tres categorías e haberá un vale de 50 euros por gañador en cada unha delas. Máis información no Facebook da asociación.
Debate sobre el post