FERROL360 | Luns 25 setembro 2017 | 11:15
A Xunta de Goberno de Moeche adxudicou as primeiras obras do Plan Único, así como as obras da nova cubierta do pavillón polideportivo por un importe de 192.797 euros. Así, a empresa Contrucciones Piñeiro levará a cabo o proxecto de saneamento Empalme (San Ramón), as melloras na foxa As Pedreiras e a pavimentación do camiño do Carballo (Labacengos) por un importe de 34.388 euros.
A mesa empresa realizará o proxecto de pavimentación de camiños e vías de Pico Ferreira-Vigo (San Xurxo); O Loureiro (Santa Cruz); O Vilar (Santa Cruz); O Tellado (Santa Cruz); accesos de arriba Vilachave (Labacengos); Camiño Gundiao (Abade) e acceso vivendas Gundiao (Abade) por importe de 63.827 euros.
No proceso de licitación das obras da nova cuberta do pavillón polideportivo e acondicionamento de baños presentáronse catro empresas. A Mesa de Contratación, tras os informes técnicos e as valoracións económicas, propúxolle á Xunta de Goberno a adxudicación destas obrasa Alvaré y Llago como ofeta máis vantaxosa, por importe de 94.582 euros.
As obras desenvólvense ao abeiro dun convenio coa Deputación da Coruña que financia o 80 % do custo das obras no pavillón.
Debate sobre el post