Moitos anos despois do seu último verán nunha praia cerca da cidade, un home recibe unhas cartas sorprendentes que supostamente son da súa nai xa falecida. Na súa lectura revive acontecementos da sociedade franquista e descobre as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e un partisano, que rematarán en traxedia.