XOSÉ MIGUEL LÓPEZ PÉREZ | Martes 14 de enero de 2025 | 9:00
Hai máis dun ano puxen en coñecemento de tódolos grupos municipais de Concello de Ferrol e dos medios de comunicación locais, sin ningún resultado, o atropelo que o Ministerio de Defensa está a cometer en Esteiro PRIVATIZANDO unha rúa pública, que daba acceso ao antigo Peirao de San Fernando en Esteiro, que é unha continuación da Rúa Españoleto e que é un acceso ao Pavillón de Deportes do CEIP ISAAC PERAL.
Esa rúa foi privatizada por Defensa para convertela nun aparcadoiro para usuarios da Piscina de Batallóns, pertenecente ao Ministerio de Defensa.
Reitero a miña denuncia agardando de que os grupos municipais de Ferrol e a alcaldía da cidade defendan os bens que son de titularidade municipal.
Fago esta nova denuncia ao ver que nos xornais se publicou outra denuncia doutra apropiación de bens públicos por parte do Ministerio de Defensa, que xa no seu día , desde a Asociación de Veciños de Esteiro denunciamos, a apropiación por parte de Defensa da baixada ao Peirao de Fontelonga e parte da Praza de Ferrándiz que foi un espazo público expropiado polo Ministerio de Vivenda e logo transferido ao IGVS.
A rúa lateral do Pavillón e Piscina de Batallóns, continuación da Rúa Españoleto e que parte de Mac Mahón, que é un espazo público do Concello de Ferrol, foi convertido en aparcadoiro PRIVADO para usuarios desa instalación. Esa rúa é un acceso ao Pavillón de Deportes do CEIP ISAAC PERAL.