Publicidad

Comeza o certame de poesía e imaxe «En galego , Sen Filtros»

O prazo de presentación comeza este venres

FERROL360 | Miércoles 15 de enero de 2025 | 10:47

O Concello de Ferrol, xunto á Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística, convoca o XXV Certame Poesía e Imaxe, En galego, sen filtro, ao que están convidados a participar todos os centros de ensino non universitario de Ferrol e comarca.

No marco deste certame, o alumnado debe elaborar manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflictan diversos textos líricos da literatura universal. Haberá dúas modalidades de participación: a primeira que abarca debuxo, pintura, colaxe e fotografía; e a segunda que abarca o audiovisual.

Para a realización das obras deberán escoller como motivo de inspiración unha de entre as propostas de textos ofrecidas, que inclúe unha cantiga popular como referencia ao cancioneiro popular galego, ao que se lle dedica as Letras Galegas do ano 2025. 

Aqueles que opten pola segunda modalidade deberán empregar imaxes, vídeos, sons ou música orixinais ou extraídos dun bando de arquivos libre e non comercial, ter unha duración máxima de cinco minutos e, no caso de que aparezan menores de idade, contar coa autorización do titor. Os traballos poderán estar aloxados nun servizo de vídeo dixital ou anexar unha ligazón a www.velaqui.gal.

As obras poderán ser de autoría individual ou colectiva e cada centro educativo deberá envialas entre o 17 de xaneiro e o 28 de febreiro a cequipnormalizacion@gmail.com.

Nomearase un grupo de profesionais do ensino que realizará a selección de traballos que cumpran todos as normas de participación. Coas obras presentadas para a fase intercentros, nun máximo de 25 obras plásticas e nun máximo de 10 obras audiovisuais, editarase unha exposición. As persoas participantes recibirán a reproducción dunha imaxe da obra presentada xunto cun libro conmemorativo.