Publicidad

Arranca a sétima feria do Queixo de Moeche

O queixo será o protagonista do evento que terá lugar o 30 de marzo

FERROL360 | Lunes 17 de febrero de 2025 | 10:25

Desde fai sete anos,  o recinto ferial de Moeche  convertese nun espazo de acollida de  as variedades e calidades de queixos  de maior prestixio nunha feira que ano tras ano se consolida como referentes do  queixo artesán de calidade.

O domingo 30 de marzo Moeche ofrecerá a sétima edición da Feira do Queixo, a feira dos mellores queixos artesáns. O Concello, ten avanzada a organización desta nova edición dunha feira que xa se consolidou, na sua corta andaina, como un dos principais referentes para descubrir a variedade e calidade dos queixos artesáns de maior prestixio, os elaborados no municipio e na comarca, pero tamén noutras partes de Galicia, do Estado e mesmo do mundo.

Este ano por mor das datas de Entroido as tradicionais feiras do queixo que se celebran en Galicia  modificaron as habituais datas,e así a Feira de Meoche trasládase de mediados de mes para finais de mes.

En breve abrirá o prazo de inscrición para as queixarías e temán para os postos de alimentación,  así mesmo darase a coñecer a queixaría convidada deste ano. A Feira do Queixo de Moeche acolleu como queixarías convidadas prestixiosos produtores do queixo Gamoneu ou Idiazabal entre outros e na pasada edición , de 2024, as principais queixarías da Rede española de Queixarías Artesás.

O queixo volverá ser, polo tanto, o eixo central dunha feira que busca promocionar todo o que pode dar de si a transformación leiteira baseada na calidade e na diferenciación dos seus produtos. A VII Feira do Queixo tamén será punto de encontro para participar e gozar de catas comentadas, música, obradoiros para a rapazada , Tren do Queixo, visitas ao Castelo e algunha outra novidade,… un completo programa de opcións paralelas para toda a xornada.