Publicidad

O Día das Letras Galegas trae a Milladoiro e a Cedrón ao Jofre, ademáis dun acto coas cantareiras «Gradaílle» a Esmelle

Este ano a celebración das Letras Galegas vaise celebrar en distintos escenarios, Esmelle, San Xoan, Inferniño e no Jofre

FERROL360 | Lunes 12 de mayo de 2025 | 8:00

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Con esta elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Por todo o anterior desenvolverase o vindeiro 17 de maio no local social da A.VV. de Esmelle, en colaboración coa Agrupación da AA.VV da Zona Rural, unha serie de actos que de seguido se relacionan, en xornada de tarde, para conmemorar o día das Letras Galegas do ano 2025.

Aquí vos deixamos o programa:

Ás 17:00 horas comezará o acto coa presentación e as 17:15 a actuación das cantareiras «Gradaílle» do Real Coro “Toxos e Froles”, a continuación realizarase una lectura da vida e obra das homenaxeadas , as 18:55 horas, o grupo musical Encrucillada amenizará a xornada cunhas pezas musicais. Ás 18:25 horas  escoitaremos outra lectura da vida e obra das homenaxeadas, e para rematar o acto ás 18:45 a actuación do Real Coro Toxos e Froles.

O próximo Luns 26 de maio, no Centro Cultural Carvalho Calero, terá lugar a Entrega de premios Certame Poesía e Imaxe coa inauguración da exposición, ás 19:00 horas.

Ademáis, este próximo sábado 17 de maio, a programación do Jofre dedicarase a esta data, coa actuación de Milladoiro ás 20:30 horas , coa súa xira polo seu 45 aniversario, e o domingo 18 subirase ao escenario Rosa Cedrón, a partir das 19.00 horas.

Tamén o sábado 17, a partir das 12:00 horas, na praza de Rosalía de Castro, celebraranse diferentes actos que, se as condicións meteorolóxicas non o impiden, se trasladarán ao local social da entidade veciñal. O programa inclúe un recital de poetas ferroláns e ferrolás, a actuación do grupo de gaitas de Agarimo e unha intervención sobre as homenaxeadas a cargo da licenciada en Filoloxía Galega, Aurora Valentina Varela.