Luis Santamariña Sanjurjo | Luns 13 de maio 2024 | 9:50
O pasado venres, co bo día que fixo, achegámonos ata a praia de San Xurxo, para ver de refrescármonos un pouco. Cal sería a nosa sorpresa ao ver que retiraran a ponte de río que ia dende ó aparcadoiro ao arenal! Tivemos que seguir pola estrada que sube ata a caseta de socorrismo para baixar pola escada de madeira, mais coma había marea chea, a auga tamén cubria a parte baixa da mesma, non quedou outro remedio que mollarse as nádegas.
Todo isto ven a conto de que unha praia que ten bandeira azul non pode quedar sin un acceso axeitado para todo tipo de persoas, dende nenos ata as que teñen que usar cadeiras de rodas.
Si a ponte non se restitue antes de que comece a tempada de verán, (vinte de xuño, segundo a concelleira da Área de Seguridade e Mobilidade), aínda que a xente comezará moito antes a ir a praia si o tempo e o nordés acompaña. Coido que a bandeira azul corre perigo de ser arriada.
E xa que estamos en San Xurxo, outro dos problemas que hai ano tras ano é o aparcadoiro que non se soluciona con pór unhas sinais de horario máximo de estadia, a meirande parte da xente aparca como pode, eu creo que facendo unhas marcas de aparcar con cal ou pintura, e sempre que se repectasen, poderían caber máis coches.
A todo isto engadir que a parte esquerda da estrada que sube até o piñeiral , en fronte do restaurante, ten dende hai anos tremendas fochancas e tamén e imposible aparcar alí enriba a non ser que vaias nun 4×4.
Non sei se os problemas expostos son responsabilidade de Costas ou do Concello de Ferrol, mais éste ten a obriga de solucionálos ou trasladálos a quen corresponda.