Xose Miguel López Pérez | Martes 30 de xuño de 2024 | 11:15
Na mañá do pasado martes ás 11:30 horas da mañá cun sol radiante e 24 graos de temperatura, os veciños e visitantes topaban a praia chea de lixo nos contenedores. Tamén se pode ver como está rota a plataforma de madeira que baixa a praia e moitos tramos das varandas rotos e mesmo con puntas enferruxadas á vista.
Cada día tamén atopamos os restos dos botellóns nocturnos na area da praia, botellas e lixo en xeral (tendo que ser os usuarios os que limpamos a praia).
Resulta increíble que a unha praia que está sempre chea de lixo e os accesos en mal estado, lle dean bandeira azul. Xa veño denunciando, sen éxito, como o aparcadoiro de Doniños está tomado polas autocaravanas.
Unha das mellores praias de Galicia, pola deixadez do Goberno Municipal, está chea de lixo, tomada polas autocaravanas, con accesos en mal estado e cunha megafonía que so se oe na baixada da praia e cun servizo de socorrismo con poucos medios materiais e con medios humanos, manifestamente mellorables.
Do transporte público ás praias, xa é mellor nin falar… Mentres tanto a oposición municipal, nin está, nin se lle espera.
OPA FERROL!!! OPA FERROL!!!v, OPA FERROL!!!