FERROL360 | Viernes 2 de agosto de 2024 | 12:52
O Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena celebrará tódolos sábados deste mes de agosto o Mercadillo Fin de Tempada.
Desta forma, os comercios vestiranse con bandeiriñas e alfombras de herba no exterior, a onde sacarán algunhas prendas seleccionadas con ata un 70% de desconto. Esta proposta representa a último rabexada das rebaixas de verán, buscando sacar fóra o stock e permitir á xente renovar o seu armario.
A actividade conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.