Publicidad

Meridiano de Compostela

David M. Rodríguez Ferro vive en Jerez de la frontera desde hace quince años, y es profesor de derecho en la UNED y en la UCA
DAVID MANUEL RODRIGUEZ FERRO | Miércoles 16 de octubre de 2024 | 7:45
Coa venia do foro, este artigo debe ser escrito en galego, porque de cada realidade histórica e cultural a lingua vive dos seus herdeiros e dá fiel testemuño da identidade dun pobo como tamén da súa capacidade integradora e empática cos seus contemporáneos.
Galicia tivo e ten unha vocación universalista. Lonxe do que a un foráneo lle poidese parecer a primeira vista, as persoas orixinarias desta terra e as que se empaparon do seu xeito -ou se lle damos un xiro-; do Volkgeist, o espírito do Pobo que Vicente Risco coñecía ben nas súas viaxes por aquela Europa fervente -pódese discernir que o galego sabe perfectamente se vai ou non vai, pero adoita ter un ollo posto no presente e outro sobre o futuro; de aí a amplitude de visión e a complexidade da perspectiva.
A medida que pasan os anos e interactúo con outros galegos, percibo máis que o lugar –xeográfico e ambiental– e a lingua materna condicionan inevitablemente á persoa. Lonxe de proclamar unha profecía autocumplida de ceos grises, nordés implacable e choivas perennes; Só por contradicir, non hai libro máis diferente coa sua portada que os galegos, e isto merece unha explicación.
A Galicia, como os viños, hai que vivila –e bebela– no mesmo lugar onde se cultiva, pero o conxunto non se entende, o quebracabezas queda incompleto se non se vive dende fóra, noutras situacións, con outros descansos e aires diferentes.
Dous meridianos de referencia para dar unha mesma hora, así de sinxelo. E nese mesmo lugar, os galegos aceptan e acollen a cultura que os recibe e abandeiran a súa sen facer sombra, tratando de comprender esa realidade na que transitan co reloxo vital ao tempo que lles marca Galicia.
Cando con ese filtro se mira o mundo na súa crueza, os seus conflitos –tanto os que levan moito tempo a cocinarse a modo e hai pouco interese por estas latitudes, como os que están a piques de abrir a caixa de Pandora–, e non importa nin lei nen diplomacia cando ves os pitóns do miura asomando do burladero; Os galegos deben ser conscientes da ferramenta que teñen ao seu alcance para comprender e transmitir o que está a suceder.
Na bagaxe desta lingua tan proletaria como erudita temos vetas de cultura e conciencia social que exportar; comprender o violado, o maltratado ou o sofredor. Quero aludir á palabra ‘ceibe’ e a como supera en profundidade o significado de ‘liberdade’, xa que este pode ser o poder innato que debe posuír toda persoa, e tamén un valor xurídico fundamental que todo Estado democrático debe ter no portal constitucional. ; pero ‘ceibe’ é a liberación despois da catividade, ten ese regusto de evasión, a revolución, loita e xustiza materializada ao fin. É o alento dun pobo que respira despois de anos de negación e tristeza, un ‘non me movo de aquí’, un ‘nunca máis’.
O peor de todo isto é que hai pobos que están baixo ese xugo ha moitos anos, e xa forma parte da súa conciencia cultural, o seu patrimonio está codificado con oprobio e resistencia ao opresor; Que haxa presión para que o odio sexa a identidade máis que a liberdade para unha lingua, uns costumes ou a man tendida que permanece sen aguantar é un xenocidio cultural, un crime tipificado.
O menos malo –porque podemos estar de carallo para ben e para mal– é que cun mínimo de conciencia histórica, os galegos poidamos entendernos e vermonos como o palestino, o sudanés ou o ucraíno que, cando chega o momento, non ha outra opción que emigrar para vivir con dignidade.
Quizais deberíamos plantexarnos exportar a palabra ‘ceibe’ – tal e como é, na versión orixinal con subtítulos, sen tarifas nen aranceles – e promover a inclusión de todos os oprimidos, porque a cultura é o único recurso que aumenta canto máis se consume, unha verdadeira enerxía renovable, e sexa en Galicia ou onde houbese galegos, temos excedente a calquera hora.