FERROL360 | Miércoles 18 de decembro de 2024 | 12:23
A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Sedes organiza para o vindeiro domingo 22 de decembro unha nova edición dos seus xa afamados «Cantos de Nadal» para celebrar un ano máis esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural e que leva celebrando dende o ano 2015.
A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 18:00 h cun obradoiro de Cantos de Nadal, onde os asistentes poderán coñecer os diferentes tipos de cantos de nadal e escoitar como o facían os nosos maiores e practicalos por medio da aprendizaxe de 5 cantos de nadal da nosa tradición.
Entorno ás 19:00 horas farán unha pausiña para quencer o corpo con chocolate e bola e
darlle unha descansiño ás gorxas para así, sobre as 19:30 voltar a cantar os cantos xa con eles ben aprendidos.
Como broche final da festa, haberá unha pequena foliada para quen queira poda tocar, cantar e bailar.
Está actividade é apta para todos os públicos e moi recomendable para as familias.
A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.