Publicidad

Unha horta no colexio: o innovador proxecto aberto do Ludy no Ensanche ferrolán

FERROL360 | Domingo 6 febreiro 2022 | 17:38

O colexio Ludy está a piques de emprender un novo proxecto integrado no barrio ferrolán do Ensanche A onde está ubicado o centro, todo un referente da innovación educativa da cidade. Explican que todo comezou coa descuberta dun terreo en desuso propiedade dunha comunidade de veciños.

A escola infantil e o colexio chegaron a un acordo cos propietarios para mantelo en boas condicións e iniciar a súa transformación nunha horta urbana sociocomunitaria para facer partícipe ao seu alumnado, ás súas familias e tamén á toda a veciñanza que desexe tomar parte.

Aproveitarán tamén a experiencia para traballar contidos educativos transversais relacionados coa ecoloxía, o coidado do barrio ou o feísmo, e tamén contidos curriculares como os de Ciencias da Natureza. Sosteñen que é algo beneficioso como unha actividade tamén física, desestresante e para fomentar a ecoloxía e unha cidade mellor.