M. CORRAL | Ferrol | Domingo 6 febreiro 2022 | 19:52
James Rhodes chegou, papou, paseou, fotografou, namorou, tocou o piano e marchou deixando un baleiro que non será doado de encher nos vindeiros días. O escritor e pianista de orixe británica, nacionalizado español e amante da boa vida, a gastronomía e o galego, cativou ao público que agardaba por el sen importar os aprazamentos aos que obrigou a pandemia.
O paso de Rhodes por Ferrol fixo máis pola autoestima do pobo ferrolá e pola proxección turística da zona que moitos dos políticos que pasaron pola praza de Armas. O artista, que tamén dispara unhas belísimas fotografías e adoita publicalas nas redes sociais, mirou con tino algúns dos recunchos que pasan desapercibidos a ollos poucos observadores.
A súa viaxe comezou en Barajas o venres. Dende alí, mirando os hipnóticos teitos da T4, desvelou aos seus que estaba de camiño a Ferrol:
De camino a Ferrol pic.twitter.com/Yd3HrVjM7Y
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
Sería esta unha das últimas veces que empregou nestes días o castelán porque o galego foi a lingua elixida por el para expresarte, como tivo feito noutras ocasións, estando ou non en Galicia. Pouco despois anunciaba que estaba chovendo, pero que iso era como «andar na poesía».
Non podo crer que chove en Galicia! De todos os xeitos. Non me importa unha merda. É como andar na poesía 🤍🥰⭐️
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
Un dos locais elixidos por Rhodes para comer foi o Josefa’s, na rúa San Francisco, —como xa adiantamos hai dous días— onde probou as súas «patacas bravas para morrer» e deu as grazas por «un xantar tan delicioso»:
Acabo de descubrir o de Josefa. Estas patacas bravas son para morrer. E temos outros cinco pratos por chegar 😳🥰 pic.twitter.com/rzL1Bj10qI
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
Moitas grazas por prepararme un xantar tan delicioso 😋🥰 pic.twitter.com/Vc3xxEy8lw
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
Tivo tempo o pianista para pasear por Ferrol Vello e A Magdalena, disparando coa súa cámara unhas imaxes moi artísticas e especiais:
Un hilo de fotos desde Madrid Barajas a A Coruña y finalmente a Ferrol. Espero que disfrutéis. pic.twitter.com/yf4ASXPvtJ
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 4, 2022
De feito, unha das casas que agarda aínda pola rehabilitación no barrio portuario foi a elixida por Rhodes para unha hipotética futura compra:

O amencer de Rhodes desde o seu hotel na zona da Gándara serviulle para gabar a luz de Ferrol:
A primeira mañá da miña vida en Ferrol e esta é a luz que me esperta no meu cuarto de hotel. É como Deus dicindo os bos días. pic.twitter.com/FK2wmKfyBI
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
Para o almorzo, elixiu despois o Lusitania, na rúa Real, dando boa conta de unha das súas especialidades: os pastéis de Belém.
Desayuno 😂💪🏼 pic.twitter.com/wIbltEQopV
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
Tendo en conta os lugares dos que estaba dando conta, non sorprendeu que James ficara «totalmente namorado» de Ferrol:
Más Ferrol. Estoy totalmente enamorado. pic.twitter.com/K9wJnwLozu
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
Tivo tempo tamén a unha sesta antes de chegar ao ensaio no Auditorio:
el look post siesta 😳
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
Puto pelo 🤦🏻♂️ pic.twitter.com/VNnKld6zm7
Quedou prendado namorado dese skyline de guindastres que tanto conta desta cidade que xa foi máis naval do que é:
El concierto de esta noche fue muy especial para mi. Gracias a los que vinieron y lo hicieron tan especial. Esta era la vista desde justo detrás del auditorio 🤯 pic.twitter.com/HH6WyZbOuG
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
Unha cidade da que, supoñemos que grazas aos regalos institucionais do Concello, poderá sabelo case todo:
Agora teño algúns deberes que facer pic.twitter.com/9eKoAw1o1D
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 5, 2022
A mostra de neo ferrolanismo de Rhodes chegou ata a vicepresidenta segunda do Goberno, a paisana Yolanda Díaz, que presumiu de cidade e deu pé a que o artista fixera unha graza co tema de moda: o erro do deputado do PP que serviu para aprobar o decreto da reforma laboral.
É unha cidade incríbel 💙 Disfruta de Ferrol!
— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) February 6, 2022
É tan bonita. Eu estaba destinado a estar en Lugo pero premei o botón equivocado do ordenador (dúas veces) e acabei en Ferrol 🤷🏻♂️
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 6, 2022
Rhodes volveu publicar o ceo para dar os bos días e adiantar que xa tiña «morriña»:
Ferrol en toda a súa magnificencia. Sen filtro. Bos días. O meu último día aquí e xa teño morriña. pic.twitter.com/G6LcCphg0x
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 6, 2022
O rexedor, Ángel Mato, que comentou varias das publicacións de James no Facebook, pediulle que non marchara sen coñecer as praias, un dos comentarios máis repetidas nas reaccións ás publicacións do pianista:

Non sabemos se tivo tempo ou non, porque a seguinte foto xa foi de volta en Madrid:
Home. Foto desde el avión ♥️ pic.twitter.com/VHmZ3yB7Hp
— James Rhodes (@JRhodesPianist) February 6, 2022
En todo caso, sumámonos á petición do alcalde e convidamos a Rhodes a que regrese sempre que precise dilatar o tempo un pouco. Grazas, James.