FERROL360 | Domingo 20 marzo 2022 | 12:11
A Semente de Trasancos organiza este domingo 20 de marzo desde as 13:00 horas unha sesión vermú de Entroido no centro cívico de Canido e fan un chamamento á participación de todas as personas que se queiran achegar.
Haberá petiscos e lacón asado con cachelos, ademais de premios para os mellores disfraces. Tamén actuará a comparsa da Semente e haberá música tradicional nunha foliada aberta a quen queira participar co seu instrumento.