FERROL360 | Domingo 20 marzo 2022 | 20:46
O cantautor ferrolán Isma Taboada estará o xoves da vindeira semana no Torrente Ballester presentando o seu disco Sen Cadeas, un traballo en castelán, inglés e galego que puido materializarse grazas ao micromecenazgo que promoveu o artista en maio de 2021.
Doce experiencias, doce historias e doce sentimentos que se condensan en 12 cancións moi diferentes, con temáticas distintas e á vez moi íntimas. Todos eles están compostos por Isma Taboada, que comezou a apaixoarse pola música cando lle agasallaron unha guitarra.
Os Xoves da Capela ―desde as 21:00 horas― desta semana están adicados a el, pero non estará só no escenario: Hugo Martínez, Gabriel Sima e Bruno Prunen estarán acompañándoo. As entradas poden mercarse na billeteira do Jofre a partir do martes ou tamén online nesta ligazón, o prezo é de 3 euros.