Publicidad

Cheo no Auditorio para o regreso do festival ferrolán ‘A Mocidade coa Lingua’

FERROL360 | Martes 5 abril 2022 | 11:58

Despois do paro provocado pola pandemia, este xoves 7 de abril celébrase a vixésimo novena edición do festival A Mocidade coa Lingua, unha iniciativa da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol. A cita terá lugar no Auditorio de Ferrol, de 10:00 a 13:00 horas, e contará con dúas actuacións profesionais e catro da rapazada dos centros de ensino da comarca.

Bitter Cans e Ruxe Ruxe serán os grupos encargados de abrir e pechar a xornada, para a que xa non quedan billetes. Entre as propostas da mocidade está L.V.L. do CPI Atios (Valdoviño), Benidorm Apest do CPR Tirso de Molina (Ferrol), Arredemo do IES de Fene e As filhas do crego, desde o IES Carvalho Calero da cidade naval.

Polo escenario deste histórico festival pasaron moitas xeracións de artistas ferroláns que triunfaron dentro e fóra de Ferrolterra, como é o caso de Andrés Suárez. Unha iniciativa que motiva á rapazada a expresarse en galego e a facer música, pero tamén a convivir durante a xornada con xente dos outros centros escolares da contorna, toda unha experiencia á que botabamos de menos.