Publicidad

O Mosteiro de Santa Catalina acollerá unha observación astronómica

FERROL360 | Luns 25 xullo 2022 | 11:28

A Asociación de Amigos del Monasterio de Santa Catalina en colaboración con la Sociedade Galega de Historia Natural e o Concello de Ares organizan unha observación astronómica para a vindeira semana. En función das condicións meteorolóxicas, a actividad terá lugar o 1, 2 ou 3 de agosto.

Os responsables das sección de astonomía da Sociedade Galega de Historia Natural, Paulino Gasalla e Marcos López, serán os encargados de explicar algunhas das curiosidades e detalles das estrelas. As personas participantes poderán realizar a observación cunha cámara fotográfica da Sociedade.

Desde a organización apuntan que é preciso acudir con roupa de abrigo e calzado cómodo. Ademais, aconsellan levar algunha bebida quente e se alguén desexa levar o seu telescopio tamén pode facelo. A observación astonómica será desde as 23.00 e ata as 00.30 horas, aproximadamente.

As personas interesadas en participar na inicitiva deben incribirse na Biblioteca municipal ou no teléfono 981 448 057, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscripcións comezarán este martes e rematarán o venres 29 de xullo.