FERROL360 | Luns 19 decembro 2022 | 11:31
O Concello de Neda regalará esta semana 300 calendarios de sobremesa nunha acción promocional coa que premiará á clientela do comercio e hostalería local. A entrega destes almanaques está dentro do marco da campaña (RE)descubre Neda. Poderán solicitar o almanaque ás 300 primeiras persoas que o demanden e acrediten ter realizado un gasto mínimo nos negocios da vila.
O premio consiste en 300 calendarios ilustrados coas imaxes gañadoras do concurso fotográfico convocado recentemente polo Concello. Para elo, deberá solicitarse na biblioteca de localidade, presentando un tícket de compra de negocios do municipio por importe mínimo de 10 euros.
Así, as persos que realicen este gasto mínimo no comercio ou nos bares, restaurantes e aloxamentos do municipio poderán solicitar o calendario ata o próximo día 23.
Para iso, deberán presentar o seu tícket de compra na biblioteca municipal (Casa da Cultura) ata o vindeiro 23 de decembro, en horario de mañán entre as 9:00 e as 13;00 horas e de tarde, entre as 14:00 e as 20:00 horas. Os 300 primeiros consumidores que o fagan levarán o almanaque municipal.
Deste xeito, o Concello volve apostar pola vinculación turística e o apoio a hostelería e o comercio local, dous sectores moi importantes para o municipio.
O calendario destaca “o mellor de Neda” (natureza, paisaxes e patrimonio histórico) contribuíndo así á difusión turística do municipio e lembrando aos propios veciños a imporancia do patrimonio local. Dado que se trata dunha serie limitada, a idea do Concello é entregar un só exemplar por persoa e tícket.