FERROL360 | Xoves 22 decembro 2022 | 11:05
Un ano máis, O Apalpador baixa das montañas do Courel para percorrer Galicia e chegar á nosa comarca. Este xigante carboeiro fará parada en Ferrol este venres 23 de decembro acompañado das súas trasnas e a música da Banda de Gaitas Xoldaina. Sairá en ruada de Canido desta volta, comenzando contra ás 17:00 horas no centro cívico do barrio alto.
Desde alí pasará por Pérez-Parallé, Insua, Cruceiro de Canido, Pintor Máximo Ramos, Estrela, parque Raíña Sofía, Real, Amboage, Real, praza de España. Galiano, Armas y Terra, para rematar no Cantón de Molíns. O carboeiro repite un Nadal máis en Ferrol da man da Fundaçom Artábria e o Concello, mais tamén co apoio de Muíño do Vento e a Asociación Veciñal de Canido.
Estes días estivo tamén no CEIP de Pazos, no CEIP A Laxe e no Colexio Ludy. O Apalpador tamén fará parada o venres en San Sadurniño co seu zurrón e coa compaña do grupo de Cantos de Taberna. Comezará na EIM A Rolada ás 10:00 horas, seguirá no Centro de Día ás 11:30 horas e rematará na residencia Suacasa ás 17:30 horas antes de chegar á praza do antigo Concello sobre ás 19:00 horas (en caso de choiva, na Casa da Cultura).
Ademais, na Casa da Cultura ás 18:00 horas estará a compañía A Xanela do maxín coa obra O Apalpador e a nena sen medo, unha proposta escénica para crianzas a partir dos 3 anos. Hai un máximo de 100 entradas dispoñibles que se poden reservar a través do 616 332 919 ou do correo agustin.perez@sansadurnino.gal.