FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 14:06
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE Ferrolterra) retoma os encontros presenciais entre as persoas socias da entidade para tecer fíos de negocio. A cita será o vindeiro mércores 26 de maio no Parador de Turismo de Ferrol ás 9.00 horas.
O aforo máximo é de 20 persoas e as persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través deste formulario. Desde a organización indican que se garantirán todas as medidas de seguridade para poder celebrar un networking adaptado á situación sanitaria.
A duración da sesión será de hora e media e durante ese tempo as persoas participantes poderán presentar os seus negocios e facer contactos. Os networking teñen como obxectivo fomentar as sinerxías entre as persoas asociadas á entidade.