Publicidad

Protección Civil Ferrol, 3.800 horas de voluntariado nos últimos dous meses

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 20:19

A Agrupación de Voluntarios de Proyección Civil en Ferrol fixo balance das súas intervencións e servicios nestes dous meses pasados, marzo e abril, nos que segundo a información facilitada polo Concello de Ferrol realizaron un total de 160 intervencións, 88 e 72 respectivamente.

Desas intervencións, 71 foron servizos de traslados en colaboración co 061 e 6 como apoio aos servizos sociais. Coa Policía Local tiveron colaborado en 52 ocasións entre cortes de tráfico, seguridade viaria e control de aforos, así como actuacións en recintos pechados.

Tamén tomaron parte en 12 emerxencias sociais e 6 servizos medioambientais. Segundo o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, é un «labor excepcional» que ocupou máis de 3.800 horas de traballo a unha trintena de persoas voluntarias.