FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 17:35
O Concello de Ferrol informa do corte de tráfico na mañá do luns na zona da Graña. En concreto, a irrupción terá lugar entre as 9.00 e as 14.00 horas na rúa Real Baixa.
A zona permanecerá cortada ao tráfico por mor da execución dunhas obras no número 14 desta vía. En todo caso, o acceso estará permitido polo túnel e as persoas residentes poderán acceder á rúa.