FERROL360 | Domingo 31 octubre 2021 | 19:22
O Concello de Ferrol retoma as actividades do programa Apego logo do paro pola pandemia. A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, lembrou que se trata dun programa co obxectivo de «fomentar e mellorar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar».
As primeiras tres actividades están programadas para os vindeiros meses, todas elas ás 18:30 horas e no Torrente Ballester. A primeira será o concerto de Pakolas co seu espectáculo Rockeando con Ramona Órbita o 11 de novembro. A entrada será libre ate completar aforo.
O 25 de novembro haberá conta-contos con Os Biosbardos, que porán en escena Como axudo a Antón?, tamén con acceso libre. Por último, o 9 de decembro Mamá Cabrá fará un obradoiro de arrolos para familias con menores de 0 a 3 anos que precisa de inscrición previa no correo gnl@ferrol.es.