FERROL360 | Venres 28 febreiro 2020 | 20:12
O Concello de Cabanas celebrará este sábado a súa Festa de Entroido, que porá fin ás actividades programadas polo Concello para estas datas. A cita é dobre, xa que por unha banda haberá unha festa infantil e máis tarde comezará unha festa para os maiores.
A partir das 18.00 horas, no Pavillón de Lavandeira, terá lugar a celebración pensada para os máis pequenos da casa. Organizada en colaboración coa ANPA O Castiñeiro, haberá actividades de animación destinadas a nenas e nenos, así como doces típicos destas datas.
Doutra banda, a partir das 21.00 horas, terá lugar a festa de maiores no local da Sociedade O Loureiro, nas inmediacións do pavillón. Haberá degustación de sobremesas de Entroido e a actuación de DJ Dany. En ambas as dúas festas haberá premios variados para os mellores disfraces.