Publicidad

Cabanas organiza un concurso de poesía co gallo das Letras Galegas

FERROL360 | Sábado 9 maio 2020 | 19:27

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Certame de Poesía para conmemorar o Día das Letras Galegas. Unha data adicada este ano ao profesor, escritor e filósofo ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

O obxectivo deste certame é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística e a creatividade. O concurso está dirixido a persoas de todas as idades, xa que se establecen tres categorías: intantil (até 12 anos), xuvenil (de 13 a 17) e adulta (de 18 en adiante).

O prazo de presentación das obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, rematará o propio Día das Letras Galegas, o domingo 17 de maio ás 23.00 horas. Para participar hai que enviar as poesías ao correo electrónico: normalizacion@cabanas.gal, seguindo as pautas establecidas nas bases que se poden consultar na web municipal. cabanas.gal

A concelleira de Normalización Lingüística de Cabanas, Paula González, avanza que «haberá premios para as persoas gañadoras en cada unha das tres categorías, e todas as participantes recibirán tamén un agasallo» . González anima á veciñanza a participar na cita.