FERROL360 | Martes 29 xaneiro 2019 | 9:13
O Concello de Neda organiza para este mércores unha nova cita co programa para o fomento da lectura Léeme un conto que, nesta ocasión, vai dirixido a nenos e nenas menores de tres anos. Os menores terán que acudir na compañía dun só adulto.
Os pais e nais que poidan estar interesados deben inscribirse ata este martes na Casa da Cultura. Tamén o poden facer a través do teléfono 981 390 233. A asistencia é gratuíta e de capacidade limitada, polo que só serán admitidas as 20 primeiras solicitudes.
A Casa da Cultura acollerá unha experiencia que dará comezo ás 17.30 horas e que está a ter moi boa acollida por parte da veciñanza de Neda.