FERROL360 | Domingo 10 de Marzal 2019 | 15:26
O 10 de marzo de 1972 morreron asasinados a mans da policía franquista dous obreiros de Bazán. Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores novos que loitaban por dereitos tan básicos como a redución da xornada de 12 a 8 horas, a non obrigatoriedade das horas extra, o aumento de 2.500 pesetas nos seus salarios, a liberdade sindical e o dereito a folga.
Dereitos que, hoxe en día, ninguén cuestiona. Aquela mañá non puideron entrar na factoría. O día anterior tiveran una asemblea que rematou a paos, os dos policías que entraron para botalos por unha porta que converteuse nunha trampa e que hoxe en día non existe, nun intento de borrar a memoria colectiva de todo un país.
A Corporación ferrolá e os sindicatos achegaron flores este domingo á estatua que lembra aqueles tráxicos sucesos que levaron á cadea a homes e mulleres valentes. Primeiro, desde as 11:00 horas, o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, presidiu o acto que contou coa presenza do secretario xeral de CCOO, Unai Sordo.
El #10deMarzo alerta en Ferrol de la pérdida de derechos sociales
El secretario general de @CCOO @UnaiSordo, destacó el papel de la lucha obrera gallega para la derrota de la dictadura #Premios10MCCOO #AsesinatosDeFerrol https://t.co/SbsvlWezxZ @lavozdegalicia pic.twitter.com/PdIhu7Ixff— Comisiones Obreras (@CCOO) 10 de marzo de 2019
«Os ricos son máis ricos»
Suárez subliñou a importancia de «reivindicar a memoria para que a xente que non nacera daquela teña conciencia do que significou o sacrificio persoal e colectivo para loitar por dereitos que hoxe están ameazados». Destacou a importancia do papel das organizacións sindicais ante o retroceso da reforma laboral para «evitar o colapso do sistema que pretende o capital a través do emprego precario, as xornadas parciais ou o traballo temporal».
«Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres», rematou Suárez. Pola súa banda, Sordo quixo recoñecer o traballo da clase obreira galega na consecución de dereitos apuntando que «los sucesos del 72 son una referencia de lo que era reivindicar derechos a finales de la dictadura de Franco». «El dictador murió en la cama, pero la dictadura murió en las calles», dixo, lembrando «a las compañeras y compañeros represaliados que hicieron tanto».
A CIG unha hora máis tarde
A conmemoración deste Día da Clase Obreira Galega comezou en Ferrol coa tradicional ofrenda floral ao monumento que lembra os sucesos daquel #10deMarzo de 1972 no que foron asasinados pola policía franquista dous traballadores da Bazán. Amador, Daniel a loita continúa!!! pic.twitter.com/83vprDX8cr
— CIG (@galizaCIG) 10 de marzo de 2019
A Confederación Intersindical Galega optou, un ano máis, por celebrar o Día da Clase Obreira Galega coa súa propia convocatoria á marxe das organizacións sindicais estatais. Ás doce do mediodía fixeron a ofrenda floral no monumento e despois marcharon en manifestación.
En #Ferrol, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, chama a non quedarse de brazos cruzados, a crer nas nosas capacidades colectivas como clase traballadora e como pobo galego, porque so así lograremos avances nos nosos dereitos laborais e sociais. pic.twitter.com/qGtT7q9JYJ
— CIG (@galizaCIG) 10 de marzo de 2019