
FERROL360 | Martes 7 maio 2019 | 18:01
Cada vez queda menos para que os cidadáns do Concello de Neda poidan disfrutar dunha nova área de lecer nos Subarreiros. As obras da construción da pista polideportiva entraron hoxe na súa recta final co traballo de formigonado do chan que completará a superficie de 1.125 metros cadrados da pista na que se poderá practicar ata seis disciplinas deportivas.
A pista está pensada para a práctica de baloncesto, balonmán, fútbol sala, voleibol e tenis e aínda que non está cuberta terá un peche perimetral. Ademais dos traballos da pista tamén se dará comezo a incorporaración das primeiras mesas con asentos incorporados e plantación de árbores para crear unha zona recreativa.
As obras tamén inclúen a construcción dun novo parque infantil que ocupará unha superficie de 130 metros cadrados e terá catro torres que dará lugar a múltiples xogos a base de tobogáns, balancíns e pirámides de corda.
O proxecto estará completo cando se obteña a autorización de Costas de Galicia para facer unha pista de skate e un circuíto de bicicletas de inercia ou pumptruck. En total serán máis de 2.000 metros cadrados os que se ocuparán con estas novas infraestruturas.