FERROL360 | Martes 15 outubro 2019 | 10:02
Este martes, na Casa da Cultura de Valdoviño, o arqueólogo Ángel Concheiro Coello impartirá a charla «Camiños de peregrinación ao longo da historia: camiño de Santo André, Camiño a Teixido e Camiño de Santiago. Recoñecemento social da poboación local».
Unha actividade que se enmarca no proxecto «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», que impulsa o Concello de Valdoviño e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo».
A cita será ás 19.30 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
Como broche de ouro ao proxecto, celebrarase unha visita a Santiago de Compostela este sábado para dar a coñecer aos veciños e veciñas a esencia e xerme do Xacobeo. Incluirá a visita ao Pórtico da Gloria e ao Museo da Catedral, así como un percorrido pola zona monumental. Para participar nesta actividade será requisito asistir á charla deste martes.
As prazas están limitadas a 50, o custe é de 10 euros e é preciso inscribirse previamente. Informarase proximamente das datas. Nesta liña, solicitaráselles ás persoas participantes nas visitas a Santo André e Santiago que, finalizadas as mesmas, presenten unha fotografía que recolla o mellor momento do seu camiño nesta experiencia. Imaxes coas que o Concello organizará unha exposición nos vindeiros meses.