Publicidad

Reparto gratuíto de libros, Xornadas Literarias, poesía e música para celebrar o mes do libro en Neda

FERROL360 | Luns 9 abril 2018 | 8:59

O Concello de Neda programa distintas actividades para conmemorar o mes do libro. Así, durante as vindeiras semanas haberá reparto gratuíto de libros, as clásicas Xornadas Literarias, que este ano estarán dedicadas a Marguerita Youcenar, poesía e música.

Este venres Maquinarias Teatro e Roger de Flor ofrecerán un espectáculo poético e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas á lingua galega. A cita será na Casa das Palmeiras, a partir das 20.30 horas. Trátase dun Será a presentación oficial do espectáculo Ela e Dylan, as flores solitarias.

Xa o lunes 23 de abril, Día do Libro, está previsto o reparto gratuíto de 200 exemplares entre a veciñanza. Será ás 17.00 no exterior da Biblioteca Municipal. Trátase da solta de libros que Neda leva a cabo a través da campaña da área de Cultura da Deputación da Coruña ‘Libros para sermos libres’.

O día 25 de abril dará comezo unha nova edición das Xornadas Literarias organizadas polo Concello coa colaboración da Universidade da Coruña, que este ano estarán dedicadas á escritora belga Marguerite Youcenar.

A programación comezará ás 18.00 horas na Facultade de Humanidades coa participación do alcalde, Ángel Alvariño Saavedra; da concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón; da decana de Humanidades, Manuela Santalla, e do profesor Fra Molinero.

Ao día seguinte, día 26, a actividade trasladarase á Casa das Palmeiras coa celebración, a partir das 19.00 horas, da primeira das citas, nas que intervirán María Ángeles Fernández Martín, editora da Fundación Germán Sánchez Ruipérez; Ángeles Gracián, tradutora, e Eduardo Fran Molinero, profesor, escritor, xornalista.

O venres 27, tamén as sete da tarde na Casa das Palmeiras, as xornadas literarias organizadas polo Concello de Neda darán lugar á participación do club de lectura ‘Pantasmas de Papel’ do IES Fernando Esquío e máis do catedrático da USC Manuel García Martínez e da escritora e activista feminista, María José Queizán.