Publicidad

Mugardos celebra o Días das Letras con música e reparto de globos e marcapáxinas

FERROL360 | Luns 14 maio 2018 | 9:38

O Concello de Mugardos celebrará o Día das Letras Galegas con diferentes actos e actividades. A concelleira de Cultura, Lola González, salienta que se trata de poñer en valor a lingua galega e o seu patrimonio literario.

González tamén fixo fincapé en que «este ano estamos a homenaxear a María Victoria Moreno, a cuarta muller dunha longa lista de autores masculinos, que pese a ser natural de Cáceres e ter chegado a Galicia despois de ter cumpridos os 20 años, amou e cultivou o galego a través dunha extensa obra composta de contos, novelas e ensaios».

Dentro da programación do Concello para celebrar esta data, o mércores os escolares de 1º a 5º de Primaria participarán na actividade Tempo de letras … e xogo! Un Trivial en homenaxe a Moreno no que o alumnado competirá por idades e equipos de tres integrantes.

Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Municipal o chamando ao teléfono 981 470 301. A actividade será na OMIX ás 17.00 horas. Máis tarde, ás 19.30 horas, no Casino Progreso de Franza haberá un concerto da Coral Mugardesa Estelas do Mar e a Rondalla Mugardesa. A entrada é libre.

Xa o xoves, 17 de maio, a asociación cultural Apelón en colaboración coa Concello, repartirá pola vila globos e marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas e da homenaxeada. Ademais, un grupo de música popular acompañará o percorrido, que comezará ás 11.30 horas no Concello e irá ata o peirao.