Publicidad

Narón promociona un estilo de vida saudable co ‘Menú Ártabro’

FERROL360 | Sábado 16 xuño 2018 | 18:12

O Concello de Narón quere impulsar un estilo de vida saudable cun calendario gastronómico deseñado para informar dos beneficios do Menú Ártabro entre a cidadanía e o sector hostaleiro.

Deste xeito, o Concello en colaboración con Carlos Piñeiro, médico e coordinador do programa «100.000 Motivos de Peso», levarán a cabo diferentes actos e iniciativas saudables que teñen como base o Menú Ártabro.

Os hostaleiros de Narón poden sumarse a este movemento saudable e teñen de prazo ata o vindeiro día 22. A iniciativa consta de dúas partes, a primeira trata dun obradoiro o día 26 onde se explicará en que consiste o Menú Ártabro, e na que os participantes poden ofrecer nos seus establecementos.

O resto de actividades «se publicitarán a través dunha publicación que editaremos con menús saudables» como avanzou o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.

O obxectivo é fomentar o consumo de produtos de cercanía, como o pemento do Couto, o tomate negro, produtos da ría que pertencen a dieta ártabra, que encaixan perfectamente neste programa polas cualidades saudables que promociona o programa «100.000 Motivos de Peso», Premio Europeo de Obesidade.

Os hostaleiros interesados en anotarse a esta iniciativa poden facelo a través do número de teléfono 607 082 232.