FERROL360 | Sábado 29 setembro 2018 | 18:14
O Principado de Asturias é o sitio elexido por Servizos Sociais do Concello de Neda para realizar una excursión os próximos días 9, 10 e 11 de novembro. O prazo para anotarse estará aberto ata o próximo sábado 20 de outubro.
O obxectivo do Concello é ofrecer a veciñanza unha alternativa de ocio diferente. Deste xeito, a excursión inclúe viaxe en autobús e visitas programadas nos Concellos de Avilés, Luarca, Oviedo e Xixón.
Ademais a visita a Asturias coincide coa celebración do Mercado Gastronómico que terá lugar na vila xixonesa. As persoas que queiran disfrutar da viaxe terán que abonar 150 euros no momento de facer a reserva. As prazas son limitadas.
Xantar Interxeracional
O polideportivo do Roxal acollerá este domingo a partir das 14:00 horas unha nova edición do Xantar Interxeracional que este ano cumpre dez anos.
O menú será a base de langostinos, carne de porco ao forno, xeado, bebidas, café e bola. Os prezos son de cinco euros para menores de doce anos e de dez para a veciñanza en xeral. Na comida participarán ao redor dunhas 225 persoas de distintas idades que desfrutarán dunha xornada festiva distinta.