FERROL360 | Sábado 20 outubro 2018 | 12:46
Un total de oito locais de hostalería de Narón participan na segunda edición das Xornadas da Anguía, organizadas polo Club Narón Gastronómico. A cita terá lugar durante este sábado e domingo e tamén durante a vindeira fin de semana, dende o 26 ao 28 de outubro.
Participan nesta iniciativa os locais Anacos, A Roldana, A Trasanquesa, Gastrobar Piñeiros, o Hotel Valcarce, Mamá Flora, Nueva Orleáns e o Restaurante Marcial. Todos servirán un menú cun plato coa anguía coa ingrediente principal.
Deste xeito, os amantes deste particular peixe poderán probalo nestas datas, aínda que tamén se deixa a porta aberta a que os hostaleiros amplíen, pola súa conta, as datas nas que o servirán no seu menú.
A maiores desta proposta, o vindeiro 8 de novembro terá lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura a presentación do proxecto Anguía do Xuvia, a partires das 19:00 horas, con degustación incluída.
Así, e ata completar aforo, poden acudir todas as persoas interesadas en coñecer un pouco máis das posibilidades gastronómicas deste producto.