Ferrol360 | Xoves 17 agosto 2017 | 10:24
A I Concentración de vehículos clásicos Vila das Pontes terá lugar o vindeiro 16 de setembro con exposicións, percorridos por As Pontes, sesión vermú e xantar popular e entrega dos diferentes premios do evento.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo nos teléfonos de información 666 471 010 ou 630 077 166. Desde o Concello indican que tanto a inscrición como o xantar serán de balde.
O programa desenvolverase co seguinte horario: ás 10:00 horas terá lugar a recepción aos participantes na estación de autobuses. Unha hora máis tarde comezará a exposición na vila e ás 13:00 horas realizarán un percorrido por As Pontes.
Xa ás 14:00 horas se celebrará a sesión vermú con actuación musical e de seguido haberá un xantar popular no lago das Pontes. Ás 17:00 horas iniciarase a Volta ao Canle IV, onde haberá un circuito para os participantes e ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.
Haberá premios para o venhículo máis antigo, para o mellor restaurado, o máis lonxano, o máis orixinal e tamén máis votado.