Ferrol360 | Venres 18 agosto 2017 | 11:05
Os nenos e nenas que participan no campamento Sementeira do Concello de Moeche recibiron este xoves a visita da cantautora galega Sés. Para esta ocasión, a rapazada preparoulle un recibimiento á cantautora cunha coreografía ao son da canción Semente de vencer.
Ademais, compartiron con ela música, baile, contos e vivencias no Castelo de Moeche. As irmandiñas e irmandiños foron perfectos anfitrións e presentáronlle a Sés o seu concello e as actividades do Sementeira.
Todos xuntos visitaron tamén a exposición do artista local Manuel Canosa.