Publicidad

A artista eumesa Ana María Agulló expón as súas pinturas en Fene

FERROL360 | Mércores 6 setembro 2017 | 10:49

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle unha mostra da obra da artista eumesa Ana María Agulló. A exposición, que inclúe unha colección de óleos entre os que se inclúen mariñas, bodegóns e retratos, permanecerá aberta ata o día 29 de setembro.

O horario de visitas durante esta semana será de 10.00 a 14.15 horas, e o mércores e o venres, tamén de 17.00 a 21.00 horas. A partir do vindeiro luns 11 de setembro o horario da Casa da Cultura será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Natural de Pontedeume, aínda que afincada dende hai moitos anos en Ferrol, Ana María Agulló iniciouse no mundo das artes hai aproximadamente 17 anos. Fíxoo da man do profesor José Montero.

Para ela a pintura foi ao comezo unha terapia e unha forma de entretemento aínda que logo se converteu na súa auténtica paixón.