Publicidad

A palleira da Casa Lourán de Monfero cumpre 100 anos

FERROL360 | Miércoles 29 noviembre 2017 | 19:10

Un dos inmobles con máis sona de Monfero, a Casa Lourán, festexará o centenario da súa palleira o vindeiro sábado 16 de decembro. Será dende as 16:30 horas e a cita incluirá unha destacada listaxe de propostas culturais e de lecer.

En primeiro lugar, o estudante de Historia e descendente dos fundadores da palleira Antonio González falará sobre «A vida en Monfero en 100 anos». Logo, tempo para a proxección dos documentais «A porta do sobrado» e «Camiños do encontro», rodados na localidade nos anos 80 polo antropólogo José Antonio Fernández de Rota.

Para rematar, os «Contos e cantos na palleira», con merenda e foliada aberta para todos aqueles que asistan á xornada.