Publicidad

Pontedeume abre a inscrición para o IV Mes de Teatro Afeccionado Pontedeume en obras

FERROL360 | Domingo 19 marzo 2017 | 11:23

O Concello de Pontedeume abre o prazo de presentación de candidaturas aos grupos e compañías teatrais que queiran participar o vindeiro mes de maio no IV Mes de Teatro Afeccionado «Pontedeume en obras».

As representacións terán lugar os sábados 6, 13, 20 e 27 de maio de 2017 ás 20:30 horas no salón de actos do IES Breamo. A apertura e peche do certame corresponderá ós grupo locais Arjé Teatro o día 6 de maio, e Dame Cuerda Que Teatro o día 27 de maio.

Aquelas compañías ou grupos que desexen participar teñen dispoñibles as bases de participación e ficha de inscrición na páxina web do Concello. O prazo de presentación estará aberto ata o día 7 de abril.