Publicidad

Galp Golfo Ártabro Norte e Abanca asinan un convenio para impulsar a pesca e o marisqueo

FERROL360 | Martes 30 maio 2017 | 10:15

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte e a entidade financieira Abanca asinaron un acordo de colaboración para impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura e difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais.

O director de zona de Abanca en Eume e Narón, José Ulfe Bugallo, e a presidenta do GALP Ártabro Norte, María Josefa Crespo Fraga, rubricaron o acordo, que inclúe unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.

Deste xeito, a entidade financieira porá a disposión do sector diferentes produtos segundo as súas necesidades. Tamén cabe salientar que o prazo para solicitar as axudas do Galp Golfo Ártabro Norte está aberto todo ano, rematando o prazo de presentación o 1 de marzo de 2020.

As persoas interesadas en obter máis información sobre estas axudas poden visitar a web da entidade.