Ferrol360 | Xoves 20 xullo 2017 | 17:27
Música, teatro e feira de artesanía e alimentación son as actividades que atoparemos na IV edición do Festival EntreMareas, que terá lugar do venres ao domingo no Porto de Espasante, en Ortigueira.
Haberá pasarrúas de banda de gaitas, baile tradicional, música de rúa, actividades variadas para os máis pequenos, clown e malabares e concertos. De xeito paralelo, tamén se celebrará a I Festa da Zamburiña.
Nesta edición participarán grupos de Galicia, Portugal, Asturias, Santander e Andalucía. Tomade nota da programación. O venres actuarán: Electra; ANAUT; Paraguaii e Maple Apple. O sábado: Andarivel; Pepe Vaamonde Grupo e Böj. E o domingo: Ke Nin Diös; Más Madera e Evil is a Queen.
Haberá unha zona de acampada con duchas e baños.