Publicidad

Obradoiro de percusión e danzas africanas este sábado no pavillón da Mocidade de Narón

Ferrol360 | Martes 25 xullo 2017 | 11:17

Dentro do programa Móvete, da Concellería de Festas de Narón, este sábado terá lugar un obradoiro de percusión e danzas africanas no pavillón da Mocidade. A actividade, destinada a todos os públicos, correrá a cargo agrupación musical africana Mbolo Mooye Doolé.

O obradoiro é de balde e os participantes non deberán levar ningún tipo de material. A actividade terá lugar de 11.30 a 14.00 horas e as persoas que desexen asistir deberán inscribise a partires deste mércores no número de teléfono 981 337 700 (ext.1075), en horario de 8.30 a 13.00 horas.

A edil de Festas, Mar Gómez, salienta que se trata dunha proposta que «ofrece á veciñanza a posibilidade de realizar unha actividade mediante a que poderán coñecer máis polo miúdo algunhas das músicas e danzas propias da cultura africana a través dun grupo de profesionais da percusión e dos ritmos característicos deste continente».

Gómez anima á cidadanía a anotarse nesta actividade de ocio e cun marcado carácter intercultural, unha actividade de balde para os veciños e veciñas e a través da que aprender algunhas das tradicións culturais doutros países.