Publicidad

Andaina nocturna con teatro ao vivo este venres no marco dos ‘Escenarios Paralelos’ de Valdoviño

FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 13:13

A Concellería de Cultura de Valdoviño promove para este vindeiro venres unha andaina nocturna de verán baixo o título Lavandeiras, que mestura a camiñada cun espectáculo de narrativa oral, música ao vivo e teatro da man da compañía Daboapipa.

O punto de encontro para comezar a ruta será o adro da igrexa de Vilarrube ás 21:30 horas, rematando no lavadoiro de Romeos, na parroquia de Vilaboa, logo de andar preto de catro quilómetros con dificultade baixa. A andaina é de balde, pero para tomar parte nela é preciso inscrición previa antes de este xoves, acudindo á Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981 47 76 66.

Será alí onde se poderá gozar do espectáculo Lavandeiras, unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron. Pasando de camiño polo folclore, polo humor, polas historias reais e polo cancioneiro popular, a actriz Vero Rilo achega ó público un espectáculo cheo de emoción acompañado por Carlos Quintá no apartado musical.