Publicidad

Ferrol e Narón celebran o sorteo das prazas da Campaña de Esquí da Deputación

FERROL360 | Luns 25 xaneiro 2016 | 18:12

Os Concellos de Narón e Ferrol realizarán este martes o sorteo das prazas da Campaña de Esquí 2016 da Deputación da Coruña, ao superar a demanda o número de vacantes. No caso de Narón, sortearanse dezaséis prazas e o acto o terá lugar no salón de plenos ás 11.00 horas.

En Ferrol, o sorteo terá lugar ás 9.00 horas na Sala de Comisións 1 e sorteatanse 19 prazas entre aqueles que formalizaron a inscrición no Rexistro Municipal.

Os destinatarios da Campaña de Esquí son nenos nados entre os anos 2001 e 2005, que poderán desfrutar dunha estancia na Estación de Esquí de Leitariegos de domingo a venres, incluída a manutención, os monitores, as clases, o alugamento e os seguros. O custo de cada inscrición é de 95 euros.