Publicidad

Sillobre celebra un encontro con César Antonio Molina na Terra de Escandoi

FERROL360 | Sábado 30 enero 2016 | 18:35

A Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Agarimo de Sillobre organiza para este domingo un encontro con César Antonio Molina na Terra de Escandoi. O ex ministro de Cultura e escritor presentará o seu libro Zhivago. A cita será ás 19:00 horas.

Molina, que é unha das figuras centrais da literatura europea contemporánea, reflexiona no seu último traballo sobre o significado da obra e da vida de Pasternak, Premio Nobel de Literatura.

Logo do encontro proxectarase a película inspirada no personaxe de Boris Pasternak, Doctor Zhivago, de David Lean e protagonizada por Omar Sharif.