FERROL360 | Xoves 25 febreiro 2016 | 16:14
Elenco de luxo na obra de teatro El Rey, que representarán Javier Gutiérrez, Luis Bermejo e Willy Toledo este venres e sábado no Pazo da Cultura de Narón. Esta comedia, escrita por Alberto San Juan, é unha produción da compañía Teatro de Barrio, porá en escea a obra ás 20:30 horas o venres e ás 20:00 horas o sábado.
Juan Carlos I, Felipe González, Francisco Franco e Adolfo Suárez, entre outros, son as personaxes que os actores interpretarán para relatar algúns dos sucesos máis importantes da historia reciente de España. Temas como o 23-F, os GAL ou a guerra do Golfo abordaranse durante este espectáculo.
O prezo das entradas para ver esta obra é de 12 euros para o público en xeral e 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Para obter máis información ou realizar reservas das localidades pódese chamar ao número de teléfono 981.102.897 ou escribir un correo electrónico a: taquilla.pazo@naron.es.