FERROL360 | Venres 26 febreiro 2016 | 17:13
As previsións de condicións meteorolóxicas adversas para esta fin de semana obligaron a aplazar o Campionato provincial de Campo a través, que se ía celebrar este sábado en Narón. A delegación ferrolá da Federación de Atletismo comunicou esta decisión ao edil de Deportes de Narón, Román Romero, quen asegurou que se concretará en breve unha nova data para a celebración desta proba.
O mal tempo complicaría o desenvolvemento das probas nas que estaba prevista a participación de cincocentas persoas. O polígono do río do Pozo era o lugar escollido para a celebración do campionato.
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organizaba esta proba na que colaboraba o Concello de Narón.