Publicidad

Os contadores de historias danse cita no Festival Internacional de Narración Oral-Conta con Narón

https://www.youtube.com/watch?v=8Qf9zJLftJ0

FERROL360 | Martes 1 marzo 2016 | 17:01

Desde o 3 ao 5 de marzo celébrase o Festival Internacional de Narración Oral-Conta con Narón, onde narradores como Nelson Calderón, Paula Carballeira, Quico Cadaval e Boniface Ofogo contarán as súas historias. O Pazo da Cultura, o Auditorio, a Biblioteca Municipal e o Centro Cívico Social de Xuvia serán os escenarios desta iniciativa.

Nelson Calderón será o encargado de abrir o Festival este xoves, no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas. Calderón é orixinario de Colombia e contará como se convertiu no cuentero oficial da familia. Di que desde que comezou a contar historias, leva os seus contos a onde el vai.

Son historias cheas de mitos, lendas, amores posibles e imposibles, humor, contos cheos de realidade e fantasía, para nenos , adultos e todo aquel que se queira aventurar a soñar. A entrada para esta cita é de balde.

O venres, ás 20:30 horas, haberá unha contada colectiva con Paula Carballeira, Quico Cadaval, Boniface Ofogo e Nelson Calderón no Auditorio Municipal Narón. Unha contada colectiva onde cada narrador mostrará a súa historia, o seu conto, o seu relato. Un verdadeiro festival da palabra.

Xa o sábado lle toca o turno a Boniface Ofogo, que ofrecerñña unha contada infantil na Biblioteca Municipal ás 12:00 horas. .Este camenurés contará a historia dun elefante que perdeu o seu ollo, un espectáculo de contos africanos para público xeral.

Un elefante se afai a quitarse o seu ollo para xogar ao pingpong, ata que un día, pérdeo nas augas dun río. Deste incidente aprenderá leccións importantes para a vida. O espectáculo é unha viaxe iniciática ao corazón áfrica; a través das súas lendas e mitos ancestrais imos descubrir o seu espírito cheo de sabedoría e profundo humanismo.

O mesmo día e á mesma hora, pero no Centro Cívico Social de Xuvia, Paula Carballeira contará aos peques «Os contos que non me contaron». Paula asegura que se adica a contar historias e a buscar historias nas persoas que coñece e nas que non coñece, nas paisaxes que ve e nas que imaxina. Di que ten unha sede insaciable de palabras porque de pequena non lle contaron contos. Non había tempo para iso.

A súa familia, sinala, xa non lembraba as noites de inverno sen luz eléctrica, nin aprender a camiñar co que che contaban. Ata que a súa nai escoitouna e lle dixo: «esa historia que contaches, contouma a min túa avoa». Daquela soubo cal era o seu papel, o da memoria.